martes, 16 de abril de 2013

O Labrego e os Pasteis ( Por Nicolás Díaz e Ruth Marlene)

Presentación:  Nicolás

Había unha vez un labrego moi larpeiro que foi a cidade para arrincar unha moa e viu unha pastelaría.

Nó: Ruth

Dous estudantes vírono así e ríronse del: Teñen boa pinta, eh? Cantos comerías? Cincocentos díxo o labrego. Cinco centos? Iso é imposible!
-e os dous estudantes ríronse del.Convidádeme e e demostraréivolo. Se non cumpro podédesme arrincar esta moa de aquí. O labrego comeu moitos pasteis e cando xa non podía máis díxolles: xa non podo máis. Levádeme a un dentista a que me arrinque a moa.

Desenlace:   Nicolás

Os mozos leváronno ao dentista. Ao labrego saíulle todo ben: comeu pasteis ata fartarse e quitáronlle a moa que tiña mal gratis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario