lunes, 11 de marzo de 2013

Microrrelatos encadeados. Nº1 e 2.


Microrrelato encadeado Nº1 (Por Aurora Domínguez Fernández)


Atopeina por casualidade ,lembraba a súa cara máis nova, sen enrugas, máis alta e máis moura e co pelo máis longo, pero sempre tería aquel sorriso. Acordaríase aínda de min? Seguramente tivera moitos alumnos na súa vida e eu non tiña nada especial, ela fora a miña primeira mestra e chamoume de súpeto polo meu nome e os meus apelidos e xa pasaran vinte anos. Díxome tantas cousas que eu non lembraba… e explicoume que o corazón nunca esquece aos que ama.


Microrrelato encadeado Nº2 (Por Alex).

E explicoume que o corazón nunca esquece aos que ama. Por iso foi visitar aos seus pais despois do enfado. Fixeron as paces e volveron a seguir sendo felices, marcharon de acampada e cearon barabacoa todos xuntos, porque a familia é moi importante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario