UNHA EXCURSIÓN Á
CIDADE DA CORUÑA
Fun a unha excursión a A Coruña cos meus compañeiros e
compañeiras e tamén algún profesores. Marchamos en autobús. Eu sentei atrás de
todo con Cristian Castro, María Rodríguez, Fabio e Alexis. Durante a viaxe
xogamos coas máquinas que nos prestou Lidia. Cando chegamos ao Museo Domus vimos unha película en
Magnavisión, estiven véndoa ao lado de Alexis e Castro. A película titulábase “Os arrecifes de coral”.
No Domus había un lugar para facer xogos de ciencia e un deles consistía en
ponerte apoiado na parece e despois dun
fogonazo de luz podías ver a forma da túa sombra como se estivese conxelada,
outro dos xogos era cun balón e un chorro de aire. Todo aquilo foi moi interesante. Comimos alí mesmo un
menú con empanada e o que cada un trouxo da súa casa. Eu estiven sempre cos
meus compañeiros Fabio, Castro, Alexis e outros.
Despois do Domun
fomos ao Acuarium da Coruña e alí había todo tipo de peixes e os que máis me gustaron
foron o tiburón touro e tiburóns pequenos. Eu xa fora hai anos a este acuarium
e recordo como vin en directo cando un tiburón comìa a un dos peixes que nadaba
con el e quedei moi impresionado e por
iso non olvidei esta anécdota.
Cando rematamos de
ver o Acuarium fomos á Casa das Ciencias.
Alí puidemos ver experimentos e o Planetarium. No Planetarium vimos as
diferentes constelacións.
Despois volvemos no
autobús para Monforte pero paramos en Guitiriz a merendar e alí algún nenos
compraron recordos da viaxe. Chagamos ao colexio despois das oito e media da tarde e estábamos bastante cansos pero pasámolo moi
ben.
Víctor Domínguez Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario