martes, 5 de febrero de 2013

Excursión a Coruña. (Por Aurora Domínguez Fernández)

-->
Excursión a Coruña

O venres, 25 de xanerio os cursos de sexto e quinto da Gándara saímos a unha intesante excursión á cidade da Coruña. Acompañáronnos varios profesoras e profesores. Alí poidemos ver o edificio de Domus que é obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki. Domus foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado ao ser humano. Alí vimos unha película en 3D que explicaba que estamos matando a moitas especies de seres vivos. Unha cousa moi interesante que tiña o Domus era unha maqueta do ADN construída con guías telefónicas de toda Europa formando un monumento de 4 metros que era igual que o ADN dos seres vivos que contén toda a súa información xenética. Tamén había unha portería que permitía calcular a velocidade coa que se lanza o balón e comprobamos que cando o pé impactaba co balón pode alcanzar unha potencia suficiente para desprazar unha esfera de 590 quilos. Máis tarde, comimos no Domus unha empanadilla y unha manzá.

Despois de comer fomos ao Acuarium e vimos moitas clases de peixes e tamén unha sala donde simulaban que era un barco porque arredor estabamos rodeados por acuarios e parecía o mar. Ao final esta visita, vimos unhas focas moi graciosas.

Despois do Acuarium, fomos á Casa das ciencias. Na entrada, había unha incubadora onde poidemos ver uns poliños nacer. Unha das cousas que máis me gustaron da Casa das Ciencias era un artilugio que servía para facer pompas xigantes e tamén unha máquina onde podías colocar unha pelota sobre o chorro de aire e cando cambiabas o chorro de dirección a pelota íase tamén a outra dirección debido á forza do aire.

Despois, fomos o planetario e alí aprendimos algunhas constelacións, tamén por onde entra e sae o sol nas diferentes estacións e moitas cousas máis.

Finalmente, fomos no autobús ata Guitiriz e paramos para mercar algo e merendar, despois volvimos a Monforte e chegamos sobre as oito e media de la tarde.

FIN
Por :
Aurora Domínguez Fernández


No hay comentarios:

Publicar un comentario