miércoles, 21 de noviembre de 2012

DESCRIPCIÓN (Por Aurora, Antía e Andrea).


LUGAR:

Hai dúas porterías, sete canastas e varias espandeiras para escalar. Ten dous baños de nenas e dous de nenos. Tamén ten unha porta que leva a unha habitación onde están os materiais para facer exercicio. Outra das portas que ten, conecta cun lugar dos nenos pequenos. Nese lugar van os nenos pequenos cando chove. Nel hai unha colchoneta e moitos xoguetes. É grande e rectangular; e o outro lugar é máis grande e ten a mesma forma, rectangular.

ANIMAL:

Son moluscos de clase Cephalopoda e da orde octópoda. A súa característica principal e unha coroa de oito tentáculos ou raxos na cabeza, arredor da boca, provistos de fortes ventosas. Como medio de defensa, posúe a capacidade de botar tinta. Estes animais teñen a mesma estructura básica e son depredadores.

PROFESOR:

Este profe é alto, non é moi gordo nin moi fraco. Ten os ollos de cor verde botella, ten pouco pelo e ten barba. Utiliza gafas e case sempre viste cunha camisa e cun xersei por enriba. É moi organizado, ensina bastante ben e normalmente enfádase pola culpa dalgún compañeiro. Pon negativos e positivos xustamente. E moi poucas veces utilizamos os ordenadores con el.

FIN
POR: AURORA, ANTÍA E ANDREA.

1 comentario: